As inscricións para as rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre poderán realizarse a través da Sede electrónica os días 19, 20, 21 de maio. Todas aquelas persoas maiores de 60 anos interesadas en participar poderán apuntarse desde mañá ás 8:00 horas ata o sábado ás 23:59 horas. No caso de ter dificultades para acceder á inscrición en liña é posible dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.