A Corporación municipal de Oleiros está integrada, desde as pasadas eleccións democráticas do 26 de maio de 2019, por cinco formacións políticas que están a representar e defender os dereitos e intereses públicos dos máis de 36.000 veciños e veciñas que residen no municipio.
Esta corporación está constituída por 21 concelleiros/as, incluído o alcalde, representando a cinco partidos políticos: Alternativa dos Veciños (AV), Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Ciudanos (CS).
O partido político máis votado, Alternativa dos Veciños (AV), forma o equipo de goberno con maioría absoluta e cun total de trece concelleiros e concelleiras, ao fronte do cal se sitúa o alcalde Ángel García Seoane.
Na oposición atópanse as outras formacións políticas: Partido Popular (PP) con catro edís, Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) con dous, Bloque Nacionalista Galego (BNG) cun concelleiro e Ciudadanos (CS) tamén cun concelleiro.