Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades en cada biblioteca » BPM Manuel María
   
Biblioteca Pública Municipal Manuel María

« Atrás

Abrimos a fiestra a bibliotecas do outro lado do Atlántico...

http://catalogo.iib.unam.mx/F/-/?func=login&local_base=BNDM

Do outro lado do Atlántico chegan moitos recursos que podemos aproveitar para a nosa aprendizaxe e lecer: a Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), a través da Biblioteca Nacional de México, da Hemeroteca Nacional de México e do Instituto de Investigaciones Bibliográficas, pon a disposición de todo o mundo a súa colección dixitalizada de libros, xornais e revistas mentras dure a continxencia sanitaria do Covid-19. É de grande interese para o persoal investigador e docente e a cidadanía en xeral pola posibilidade de investigación, coñecemento, lectura e entretemento que se ofrece de xeito totalmente aberto e gratuíto.
Fonte: julianmarquina.es
As bibliotecas públicas municipais teñen un papel fundamental no achegamento da cultura e a información ás poboacións ás que serven. Máis, se cabe, en momentos de crise económica, social ou na actual situación de emerxencia sanitaria. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas pola ALA (American Library Asociation) no Programa Internacional de Boas Prácticas. A ALA pon en marcha o “Best Practices from World Libraries” (Mellores prácticas das bibliotecas do mundo) no que se requiría que bibliotecas de todo o mundo presentasen fotografías nas que se mostrasen proxectos e programas das bibliotecas que mellor amosen o tema deste ano da ALA: o valor das bibliotecas na promoción da xustiza social e a inclusión. Varias bibliotecas españolas foron recoñecidas por este prestixioso programa, entre elas, a Biblioteca galega de Verín. Parabéns!
 
http://www.bibliotecadeverin.es/?page_id=2391- Voluntariado Cultural da Biblioteca Verín: Vivir cos idiomas na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, (Ourense). Este programa funciona desde hai 11 anos nesta Biblioteca Municipal. Nenas-os de 9 a 17 anos e algunhas-os adultas-os prestan o seu tempo para facer manualidades e contar contos na biblioteca. Tamén existe unha colaboración coa veciña localidade portuguesa de Chaves. Participaron nenas-os de ambos países, demostrando que a cultura e as bibliotecas son universais. Por esta actividade conxunta o Parlamento Europeo recoñeceu á Biblioteca de Verín cun premio por rachar as fronteiras e achegar culturas.

- “Lectura de bienestar” da Biblioteca Municipal L’Ateneu de Esparreguera, (Barcelona).

- "Proyecto InserLab do Centro de Aprendizaje e Investigación (CRAI)", Universitat Rovira i Virgili (Tarragona).

- "Un libro de experiencias: Expresando la vida cotidiana a través de las artes plásticas", Ubik, Biblioteca de la Creación de Tabakalera (Donostia/San Sebastián).

- "El rincón púrpura en la biblioteca del IE Biblioteca del IE", IE University, (Madrid & Segovia).

- "Intercambio de idiomas de la Biblioteca Fort Pienc", Biblioteques de Barcelona.

- "Cuentacuentos a medida” da Biblioteca de Can Sant Joan, Montcada i Reixac, (Barcelona).

Fonte: universoabierto.org

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza