Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades en cada biblioteca » BPM Manuel María
   
Biblioteca Pública Municipal Manuel María

« Atrás

De comida servida nunha caixa...

https://vimeo.com/showcase/7174634

Bento significa "comida servida nunha caixa", e a súa orixe parece remontarse a hai case 900 anos coa introdución na gastronomía xaponesa dun tipo de arroz que permitía gardalo en bolsas. Logo, comezáronse a utilizar bonitas caixas de madeira lacadas para levar a comida nas excursións campestres, tomar un petisco (cando se ía ao teatro, por exemplo) e tamén como friameira para o xantar das-dos cativas-os no colexio. Isto deu orixe a un xeito de bento moi popular e coñecido en todo o mundo, que é ese no que a comida se presenta dunha forma divertida e artística, ao tratar de representar obxectos diversos, cariñas de animais, etc. Presentámosvos tres saborosas curtas animadas ("Waltz", "Decorations", "Twins in Bakery") da artista de bento, Mari Miyazawa
Para as-os cociñeiras-os máis novas-os da casa, propoñémosvos o libro "Pratos do mundo: divertidos, fáciles, creativos" e "Yo quiero ser chef: cocinas del mundo".
 
Sabine Timm, é unha artista alemana que crea personaxes fantásticas a partir de elementos da natureza, obxectos de refugallo recollidos nas praias e moitos outros tesouros que colecciona desde cativa e aos que lles dá unha nova vida. Sabine ten un don especial para unir cousas, aparentemente inútiles, que parecían estar aí para seren conectadas. Crea e conta historias a través dos seus minimundos, das súas caras en pans, de peites con narices… Historias que zumegan moito sentido do humor e gustan tanto a adultas-os como a pequenas-os.
Fai as túas propias creacións con material de reboutallo. Estes catro estupendos títulos de Javier Solchaga pódenche inspirar: "El castillo", "El circo", "Animales salvajes" e "Personajes de cuento".

Lembrade que aínda estamos nunha fase na que, para visitarnos, habedes de pedir cita previa. Agardámosvos!

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza