O servizo Wifi (conexión sen cables a Internet) está dispoñible, de luns a venres, nas seguintes bibliotecas:
Biblioteca Central Rialeda.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz.
Biblioteca Pública Municipal María José Trincado. Mera.
Biblioteca Pública Municipal María José Ruso. Dorneda.
Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros.
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós.
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé.
As condicións de uso do sistema Wifi destas bibliotecas son as seguintes:
Os altofalantes dos ordenadores portátiles deberán permanecer desactivados.
Non está permitido o uso de micrófonos.
Moi importante: os/as usuarios/as son responsables dos seus aparellos. O persoal das bibliotecas non os vixiará se os usuarios/as se ausentan momentáneamente do seu posto.