Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

Tres novas de...

https://www.davidrumsey.com/luna/servlet/detail/RUMSEY~8~1~292298~90067010:50--Mapa-geografico-del-Reyno-de-Ga?sort=Pub_List_No_InitialSort%2CPub_Date%2CPub_List_No%2CSeries_No&qvq=q:Tom%C3%A1s%20L%C3%B3pez%20de%20Vargas%20Machuca%20Mapa%20geogr%C3%A1fico%20del%20Reyno%20de%20Galicia;sort:Pub_List_No_InitialSort%2CPub_Date%2CPub_List_No%2CSeries_No;lc:RUMSEY~8~1&mi=0&trs=5

Os mapas son ferramentas fundamentais para o coñecemento do mundo. Por iso ofrecemos estas tres novas dese conxunto de topónimos, liñas, e cores que trazadas sobre un soporte, nos axudan a non perdernos.
A colección de mapas de David Rumsey é a colección privada de cartografía máis grande do mundo e suma cada vez, máis  exemplares ao seu catálogo. Esta colección ten máis de 150000 mapas, dos que máis de 91000 están dixitalizados en libre acceso en liña. Quen quera pode acceder á colección, navegar por ela e descargase os mapas que desexe en alta resolución. O número de mapas históricos engadidos non para de medrar e ben paga a pena unha visita ao mundo desde esta web.
Tamén o Ministerio de Defensa inclúe na súa biblioteca virtual máis de 7000 mapas e planos en dominio público. A cidadanía en xeral pode consultar os máis de 7000 mapas e planos da cartografía histórica conservada no Archivo del Centro Geográfico del Ejército, un referente para o estudo da cartografía. Esta documentación está publicada baixo a licencia Creative Commons CC0 e pode consultarse desde a Biblioteca Virtual de Defensa.
O Archivo General de Indias atopa un mapa inédito da Bahía de La Habana en 1798. Cando semellaba que a aparición de achágedos era xa algo do pasado, chega esta peza de grande importancia para o arquivo con sede en Sevilla.
Fonte: julianmarquina.es
Recomendamos a lectura da novela "Fontán", que relata a vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia, da autoría de Marcos Calveiro. Obras sobre Domingo Fontán, nesta ligazón ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Tamén podes ler a novela de Calveiro en GaliciaLe.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza