NOTICIASO Concello de Oleiros dixitaliza o rexistroO Concello de Oleiros procedeu no día de hoxe á implantar a tecnoloxía que permitirá dixitalizar o rexistro municipal, tanto de entrada como de saída. A partir de agora, os documentos que presenten os cidadáns ante a administración local quedarán dixitalizados, podendo conservar os orixinais os veciños e veciñas. Realiza pagos e xestións co Concello desde a túa casaA renovada sede electrónica do Concello de Oleiros permite realizar de xeito cómodo e eficaz múltiples trámites administrativos desde calquera ordenador con conexión a internet. O novo portal presenta un deseño totalmente renovado e unha plataforma unificada que facilita a navegación de todos os usuarios e usuarias. Con esta aplicación o Concello está aberto as 24 horas do día para que todos os veciños e veciñas, os provedores, as xestorías e as notarías realicen os seus trámites administrativos sen necesidade de desprazarse fisicamente ata as oficinas municipais. |
|