Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

O programa Nós contra a violencia chega a Oleiros coa obra O rueiro das liortas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a representación de O rueiro das liortas que terá lugar o vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19.30 horas na Fábrica, en Perillo.
Esta obra está enmarcada dentro do programa Nós contra a violencia, que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala, con invitación que poderá recollerse desde as 18.30 h, na conserxería da Fábrica. A obra está dirixida a todos os públicos desde os oito anos de idade, co obxectivo de achegar ao teatro en lingua galega e sensibilizar en contra da violencia de xénero, os micromachismos ou os comportamentos sexistas, a través da interpretación de múltiples personaxes e unha nena que fai valer a súa verdade.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza