Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

O SNL pon en marcha o VI Premio Literario Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VI Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio.

Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e poderán presentarse ata o 15 de decembro de 2019. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios serán artigos electrónicos que terán relación coa imaxe e a lectura e promoverán a creatividade da mocidade.

As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases a través do seguinte enlace ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros, Tel.: 981 610 000).

Bases do premio literario

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza