Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

Volve a programación do Apego este domingo

Este mes de marzo volve a programación do Apego, con actividades para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, para promover o uso da lingua.

Comezamos o mes de marzo, este domingo día 1, cun concerto moi especial, Bravas da Gramola Gominola, auténtico Rock&Rol, no que se poñen en valor as Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As súas protagonistas empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e facer visible as emocións. Estas son as Bravas, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.

O concerto terá lugar ás 12.00 h na Fábrica e está recomendado para nenos e nenas maiores de 3 anos. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse desde hoxe, 26 de febreiro ás 10.00 h, a través do formulario habilitado: https://forms.gle/Nz5Hvy6W255B8NGU7. As persoas inscritas no Apego de Oleiros terán preferencia nos dous primeiros días de inscrición.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza