Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Dinamización » Campañas de normalización

Campañas de normalización

Compra en Oleiros, compra en galego

Desde o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Oleiros planificouse unha campaña de normalización orientada ao comercio, coa finalidade de fomentar o uso da lingua neste sector. Comezou a finais do ano 2008 e estendeuse durante o 2009, orientada principalmente ao Nadal e co obxectivo de que o galego saíse á rúa nunhas datas nas que sempre se incrementa o número de compras.

A campaña levouse a cabo por dúas vías: publicidade e formación. Por unha banda, e dirixíndose á sociedade en xeral, distribuíronse nos comercios de Oleiros bolsas co lema Compra en Oleiros, compra en galego. Pola outra, organizouse un curso para o persoal dos comercios de Oleiros cuxa intención era formar as empresas en todo o relacionado coa lingua galega, co fin de fomentar o seu uso.

A avaliación que se fixo foi positiva, pois tivo unha boa acollida tanto por parte das empresas como da sociedade en xeral. Con esta campaña cada persoa que saía á rúa coa bolsa convertíase nun axente normalizador para a cidadanía; deste xeito, o Concello incrementou o uso do idioma no sector, á vez que promoveu as compras en Oleiros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza