Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Formación » Celga

Celga

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado a un marco europeo común de referencia para as linguas. Os cursos Celga teñen cinco niveis, do Celga 1 ao Celga 5, de menor a maior dificultade. Todos eles son preparatorios para un exame que hai que aprobar para obter a certificación do nivel correspondente. Existe tamén a posibilidade de formarse a través de cursos Celga en liña, mais de momento só do Celga 1.

O Concello de Oleiros ofrece dous cursos preparatorios Celga ao ano, un no outono e outro na primavera, pois están orientados aos exames de cada quenda, uns en novembro e outros en maio.

De todos os xeitos, a través da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística podes obter toda a información en relación ao material, aos niveis de competencia, ás validacións e a outros temas relacionados do seu interese.

Para acceder á información preme aquí ou ponte en contacto connosco a través do teléfono 981 610 000 ou enviando un correo a l.filloy@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza