Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Formación » Outros cursos

Outros cursos

Á parte dos cursos Celga, podes obter unha titulación en lingua galega, adaptada tamén ao marco europeo común de referencia para as linguas, a través da Escola Oficial de Idiomas.

Se es estranxeiro/a tamén tes opción de aprender galego a través dos cursos de verán de lingua e cultura galegas das universidades de Galicia, que contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  Podes consultar nestas ligazóns a programación e as bolsas da Universidade da Coruña, da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago.

 So prefires, tamén podes aprender galego a través de Internet , formándote con cursos coma estes: 

  • Galingua, é un curso adaptado a persoas de todas as idades partindo do nivel cero de coñecementos. Non está adaptado á nova normativa.
  • E-galego, é un curso de autoaprendizaxe a distancia, mais non está adaptado á normativa.
  • A palabra herdada, é un curso que non está adaptado ao cambio de normativa pero que dispón de audio e está organizado por temas léxicos.
  • Curso de galego práctico. Este curso pertence ao xornal La Opinión e conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • Curso de galego en wikibooks.
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza