Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Normalización  
Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística » Normalización » Recursos da lingua » Toponimia

Toponimia

Segundo a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística os topónimos terán como única forma oficial a galega e corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, territorios, núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. Mais non así o nome das vías urbanas, pois será determinado polo concello correspondente.

Á parte desta lei hai outra lexislación que regula a toponimia galega entre a que destacan o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (DOG do 31 de marzo de 1984), modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño (DOG do 22 de xuño de 1998) e o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do 21 de setembro de 1984).

A toponimia oficial está recollida nos seguintes decretos:

  • A Coruña: Decreto 189/2003, do 6 de febreiro (DOG do 25 de marzo de 2003)
  • Lugo: Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro (DOG do 25 de xaneiro de 2000)
  • Ourense: Decreto 332/1996, do 26 de xullo (DOG do 29 de agosto de 1996)
  • Pontevedra: Decreto 219/1998, do 2 de xullo (DOG do 28 de xullo de 1998)

Podes consultala a través do servizo de Nomeclátor da Xunta de Galicia ou da páxina da Toponimia, onde poderás atopar o nome oficial dos concellos, das parroquias e dos lugares do teu concello.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza