Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deportes  
Portada » O Concello » Concellería de Deportes, Turismo, Promoción Económica e Formación e Emprego » Deportes
   
NOVAS

« Atrás

Programa xuvenil de acondicionamento físico

Enlace preinscrición (de setembro a maio)

 Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular  de actividade física organizada fóra do eido federativo e competitivo. Con esta motivación nace o Programa xuvenil de actividade física para a saúde e  que está composto polas seguintes actividades dirixidas: 

Programa base:

CARDIO:  Actividade  cardiovascular orientada á mellora da resistencia aeróbica a través de actividades como o bike indoor, Bodybox ou Step. 

ZUMBA: Actividade aeróbica coregrafiada que usa como base musical ritmos latinoamericanos. 

BODY BOXActividade cardiovascular que mestura exercicio físico con artes marciais e movementos a base de puños e patadas. 

ADESTRAMENTO en SUSPENSIÓN: Acondicionamento físico en base ao traballo da forza e resistencia muscular, utilizando exercicios de autocarga en suspensión (TRX). 

CROSS GYM: Sistema de adestramento  que  mellora  todas as calidades físicas básicas (forza, resistencia cardiovascular, velocidade, flexibilidade, potencia, resistencia á forza, equilibrio, coordinación, etc.).¿É un sistema baseado en levantamentos de cargas,  exercicios ximnásticos e acondicionamento cardiovascular. 

Programa avanzado:

FITNESS XUVENIL:  Programa de iniciación ao adestramento en sala fitness dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas entre 14 e 16 anos.  Poderán acceder a el os rapaces e rapazas que teñan unhas destrezas e nivel físico básico suficiente a xuízo das persoas responsables do programa. O programa  estrutúrase en 3 partes. 

-     Primeira fase: Consta dunha entrevista persoal de 30 minutos (outubro) onde se formularán os obxectivos da actividade e se deseñará un plan de traballo. 

-        Segunda fase (tutelada): Terá unha duración de tres meses (novembro, decembro  e xaneiro).

-           Terceira fase: A partir dos 3 meses de tutelaxe poderán comezar a utilizar a sala fitness de xeito autónomo.

Temporalización:

Do 1 outubro de 2021  ao 31 de maio de  2022 (inscrición aberta todo o ano).  

 Obxectivos  

Programa base:

- Dar resposta á demanda de actividades de acondicionamento físico en idade xuvenil.

- Xerar unha dinámica de actividade física para consolidar hábitos deportivos especialmente en mulleres de entre 12 e 18 anos.

- Evitar o abandono da práctica deportiva na etapa adolescente.

- Crear alternativas de práctica deportiva fóra do campo do deporte de competición e deporte federado.

- Establecer ambientes de socialización ao redor da actividade física.

Programa avanzado:

- Iniciar a/o usuaria/o do programa na utilización dos aparellos da sala fitness.

- Explicar a normativa de uso da sala fitness buscando a autonomía futura nesta.

- Aprender as distintas partes do adestramento deportivo (quecemento, parte principal e volta á calma).

- Acadar un acondicionamento xeral por medio deste traballo.

 DESTINATARIAS/OS

Poboación xuvenil entre 2009/04 (agás o programa avanzado 2007/06). 

Folleto informativo     folleto

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza