NOVASOcioleiros 2023 Subvencións concedidas pola Deputación de A CoruñaPublícanse as subvencións concedidas pola Deputación de A Coruña ao Concello de Oleiros para o mantemento das Escolas municipais de Música e Danza. Concesión de axudas a comedores escolares 2022/2023Neste anuncio podes ollar as concesións e as denegacións de axudas a asistentes aos comedores escolares 2022/2023 PROPOSTA CONCESIÓNS E DESESTIMACIÓNS DAS AXUDAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARESConsulta o listaxe provisional de concesións e desestimacións das axudas para a asistencia a comedores escolares para o curso 2022-2023 : acordo provisional . O prazo para a presentación de... Campanadal 2022O prazo de preinscrición será entre o 1 e o 9 decembro. Para solicitar praza deberase cubrir á ficha en liña ( en código QR dentro do programa). O Campanadal realizarase no CEIP I. Parga Pondal de 9:00 a 14 h entre o lúns 26 e o venres 30 de decembro. DESTACADOS « Atrás OCIOLEIROS 2022
Aberto o prazo de pagamento de Ocioleiros 2022. No caso de seguir interesado/a na actividade deberá solicitar o correspondente recibo a través do enderezo electrónico afabrica@oleiros.org (indicando o seu nome e a actividade na que se quere matricular). O prazo para efectuar o pagamento vai do 25 ao 31 de xaneiro, e para formalizar correctamente a inscrición é necesario que nos remita o xustificante dentro do prazo indicado. Por favor, no caso de non seguir interesado/a nalgunha das actividades nas que foi admitido/a ou nas que está en listaxe de reserva, deberá comunicalo.
Listados de admitidos Ocioleiros 2022: Preme aquí Realización do sorteo: Martes 11 de xaneiro ás 12:00 horas Publicación de listados definitivos de admitidos: 17 de xaneiro a partir das 13:00 horas. Aclaracións para a realización do sorteo:
PUBLICACIÓN DE LISTADOS DE PREINSCRITOS (28/12/2021) Listado de preinscritos: preme aquí.
As preinscricións realizaranse preferentemente na SEDE ELECTRÓNICA (na sección de trámites en liña de cidadáns e empresas) do 13 ao 20 de decembro. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8.30 a 14.30 horas). Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada. O Concello de Oleiros resérvase o dereito de anular actividades nas que non se acadase un número suficiente de persoas participantes, ou en calquera momento en función das circunstancias excepcionais ou recomendacións sanitarias relacionadas coa evolución da pandemia de COVID-19
Pregamos ler ben as bases e solicitar información ás persoas responsables da actividade que lles interese, no caso de que sexa a primeira vez que participen ou se teñen dúbidas sobre esta FE DE ERRATAS:
|
|