Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente » Publicacións
   

PUBLICACIÓNS

     
« Atrás

Lagoa de Mera: Bichos. (PDF - 353.4 KB)

Lagoa de Mera: Bichos. (PDF - 353.4 KB)

A lagoa acolle un número importante de pequenos animais que cumpren unha función importante xa que son parte das relacións alimentarias deste espazo e axudan a manter o seu equilibrio ecolóxico. Moitos deles contribúen á expansión de sementes e por tanto á rexeneración dos bosques; outros controlan as pragas¿, e a súa presenza é un bo indicador da boa saúde das súas augas.

Lagoa de Mera: Bosque de ribeira (PDF - 690.1 KB)

Lagoa de Mera: Bosque de ribeira (PDF - 690.1 KB)

O pequeno río da Barreira que fornece de auga a lagoa de Mera conserva un pequeno bosque de ribeira formado por unha estreita ringleira de árbores que afunden as súas raíces no leito do río. Este bosque ten un papel fundamental no mantemento e conservación deste río, asegurando a calidade das súas augas e axudando a manter a súa biodiversidade.

Lagoa de Mera: Especies invasoras. (PDF - 475.6 KB)

Lagoa de Mera: Especies invasoras. (PDF - 475.6 KB)

O problema ambiental derivado da introdución de especies animais ou vexetais exóticas ou foráneas con comportamento invasor, está adquirindo nos últimos anos moita importancia. Na actualidade está considerada como a segunda causa de extinción de especies autóctonas ou nativas, ameazando gravemente a nosa diversidade biolóxica orixinal e polo tanto o noso benestar e calidade de vida.

Lagoa de Mera: Flora. (PDF - 489.2 KB)

Lagoa de Mera: Flora. (PDF - 489.2 KB)

Aínda que a lagoa de Mera non ten unha orixe natural, nela foise desenvolvendo co paso do tempo unha faixa de vexetación nativa propia deste tipo de ecosistemas que funciona como barreira ecolóxica ante posibles danos ambientais así como refuxio para moitas especies animais.

Lagoa de Mera: Muiño (PDF - 372.2 KB)

Lagoa de Mera: Muiño (PDF - 372.2 KB)

Máis de 30.000 muíños había en Galicia cando o Marqués de la Ensenada dirixiu o seu Catastro, alá polo ano 1750, o que nos dá conta da importancia socio-económica que estes pequenos enxeños tiveron no mundo rural. E no caso da parroquia de San Cosme de Maianca xa recolle a existencia de 10 muíños. No Dicionario de Pascual Madoz de 1845-1850 cando describe o Concello de Oleiros sinala que «varios regatos percorren este terreo, sen constituír río notable, pero se utilizan para dar impulso a diversos muíños fariñeiros».

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza