NOVASMellora do alumeado público do Concello de OleirosO Concello de Oleiros recibiu por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía unha subvención para o proxecto de "MELLORA EFICIENTE DO ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE OLEIROS" cunha inversión total de 1.683.423,92. Trátase dunha concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020. Auditoría sobre o servizo de abastecemento de augaTrala recente creación e posta en funcionamento da empresa municipal do servizo de auga, o Concello de Oleiros realizou unha auditoría do sistema de abastecemento para minimizar as perdas de auga na rede. Mellora da eficiencia enerxética da Escola Infantil de A PardelaDesde o Departamento de Obras Públicas do Concello de Oleiros, estáse a redactar o proxecto construtivo de "Mellora da eficiencia enerxética da Escola Infantil de A Pardela (Os Regos)", no que se plantexan actuacións encamiñadas a reducir o consumo enerxético e a mellorar a habitabilidade e a seguridade da escola. |
|