O Concello de Oleiros está a colaborar na actualidade en sete importantes proxectos de cooperación internacional que levan a cabo entidades de distinto perfil pero cun denominador común, a súa longuísima e contrastada traxectoria no mundo da cooperación. Colectivos como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co que o Concello participa no programa de Vacaciones en Paz, o Club de Leones da Coruña, co que o Concello pon en marcha unha escola de oficios, ou as Hermanas Mercedarias Misioneras de Bérriz, ás que se está a axudar a ampliar a súa Casa de Paz en Filipinas, son unha mostra disto.
Nestes momentos, o Concello traballa co programa de asistencia sanitaria especializada, de consulta e formativa nos municipios de Murra, Wiwili de Nueva Segovia e Ocotal, en Nicaragua. Esta importantísima iniciativa,que está sendo levada a cabo por Solidariedade Galega, achega a sanidade a unha das zonas máis desfavorecidas de América latina. Tamén no ámbito sanitario se está a traballar coa Asociación Sociocultural Atamán para achegar a sanidade básica ás zonas do terceiro mundo, onde traballa.
No ámbito educativo Oleiros colabora na reparación e no acondicionamento internado de primaria Abel Santamaría Cuadrado, en Cuba, que leva a cabo a asociación coruñesa Rolando Beltrán Hurtado. A través desta iniciativa axúdase ao acondicionamento de dormitorios, baños e da enfermería deste centro educativo. Ademais, contribúese a comprar vestimenta para os nenos e as nenas internas. Tamén no ámbito educativo pero noutra zona do mundo, neste caso en África, o Goberno local contribúe á cobertura de necesidades educativas básicas de nenas e mozas masai rescatadas da mutilación xenital e dos matrimonios tempranos forzosos, dentro do traballo que leva a cabo o colectivo Mundo Cooperante.
Oleiros, 25 de setembro de 2014-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro e socio fundador o Concello de Oleiros, organiza para mañá venres 26 de setembro, entre as 12 e...
Oleiros, 15 de xullo 2014-. Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación a casa de Bastiagueiro para que a asociación...
Oleiros, 15 de xullo 2014-. Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación a casa de Bastiagueiro para que a asociación...
Oleiros, 26 de abril de 2013-. O grupo de Goberno do Concello de Oleiros mostrou o seu apoio ao pobo saharauí cunha moción presentada na sesión plenaria celebrada onte na Casa Charry. A Fronte...
Oleiros, 23 de xullo de 2012-. O Concello de Oleiros mostrou o seu apoio aos dous cooperantes españois liberados en África a pasada semana. O Goberno local enviou unha carta ás ONG nas que ambos...
Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presenta o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que quere levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da lei hipotecaria na que se...