Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cooperación  
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Cooperación

   

NOVAS

     

Juani Ruiz, cooperante sanitaria detida ilegalmente por Israel, visita o Concello de Oleiros

Juani Ruiz, cooperante española en Palestina e detida ilegalmente por Israel, foi recibida esta mañá na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. Ademais de agradecer o apoio prestado polo Goberno municipal de Oleiros pola campaña realizada na súa defensa, no encontro falouse sobre a experiencia que sufriu no cárcere israelí e a actual situación que se vive en Palestina.

Novo envío de material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios Luís Seoane e A Rabadeira.

Celebrado o 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes de Cuba no parque José Martí

O parque José Martí acolleu o acto de conmemoración do 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes. O acto foi organizado polo Consulado de Cuba e contou coa participación da Asociación de Amistad Galego-Cubana Francisco Villamil, a Asociación Cultural José Martí, o goberno municipal e numerosos cidadáns.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario

Os proxectos de cooperación internacional, a "localización" da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. O Concello de Oleiros, xunto coas deputacións e todos os concellos socios, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada esta mañá na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.

O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara

O pleno municipal aprobou a moción presentada polo Goberno de Alternativa dos Veciños e o BNG para amosar o firme apoio do Concello de Oleiros ao pobo saharauí e ó seu único e lexítimo representante, o Frente Polisario, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio de pleno dereito de autodeterminación e a independencia.

   

NORMATIVA

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza