DESTACADOS « Atrás Dous/dúas operarios/as de servizos - carpinteiros/asPublicouse unha demanda no Servizo Público de Emprego de Galicia (datos da oferta 12-2022-12735) para a contratación laboral temporal de dous/dúas operarios/as de servizos-carpinteros/as, con destino na nave municipal de servizos do Concello de Oleiros. As personas interesadas poderán presentar unha solicitude acompañada do seu currículum vitae no Centro Municipal de Formación -Rúa dos Regos, 24, Liáns, Oleiros- durante os días 17, 18 e 21 de novembro de 2022, en horario das 8.30 ás 14.00 h, ou sumarse a esta demanda en curso a través do Servizo Público de Emprego de Galicia. Deberán estar en posesión da titulación mínima de certificado de escolaridade ou equivalente. Non é necesario o pago de taxas por dereitos de exame. Tamén poden presentar as solicitudes a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común. Resolución da convocatoria (Resolución nº 2022005712, do 23 de novembro) Resolución de correción de erros na convocatoria (Resolución nº 2022005748, do 24 de novembro) |
|