Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Destacados
   

DESTACADOS

     
« Atrás

Un/ha docente para curso att sociosanitaria a persoas no domicilio

Publicouse unha demanda no Servizo Público de Emprego de Galicia (nº 12/2021/11750) para a contratación laboral temporal dun/ha docente para impartir o curso nº 2021/005226 SSC0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude desde o 26 ata o 29 de novembro de 2021 (ambos incluídos). As bases reguladoras da selección  de persoal docente para impartir no Concello de Oleiros cursos AFD, aplicaranse no relativo a requisitos de titulación e documentación a presentar, agás o pagamento das taxas, que non será necesario para este procedemento.

Lugares e medios de presentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal).

Tamén se poden presentar por vía telemática nas oficinas de Correos, mediante ORVE ao código dixital de destino “L01150584”.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza