Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

Moción aprobada no pleno municipal contra a penalización do aborto en El Salvador

A penalización absoluta do aborto na República de El Salvador, sen excepcións, provoca situacións non só contrarias aos dereitos reprodutivos e á liberdade das mulleres senón mesmo de abuso na persecución penal da que non se libran nin sequera moitas mulleres que sofren abortos espontáneos. A dureza con que se castigan moitos destes abortos, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este trance reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos, penas practicamente inéditas no dereito comparado.

Curso en liña sobre a axenda 2030

O Fondo Galego abriu o prazo para inscribirse na terceira edición do curso online 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', que se desenvolverá do 1 de marzo ao 24 de abril a través da plataforma de teleformación. Esta acción formativa, con matrícula de balde, está especialmente pensada para o persoal político e técnico das deputacións e concellos socios.

O pleno aproba unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya

O Goberno municipal aprobou no pleno da corporación unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya que xunto coa súa familia está sendo sometida a malos tratos físicos e psicolóxicos polas súas reivindicacións pacíficas a prol dea autodeterminación e independencia do pobo saharauí.

O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Ricardo Gómez

O fundador do Club de Leons de Oleiros, Ricardo Gómez Pico, traballou durante décadas axudando ás persoas máis desfavorecidas, colaborando tamén en diversos programas de cooperación desenvolvidos polo Concello. A súa perda deixará un grande baleiro no ámbito social do municipio e de toda a comarca da Coruña.

Oleiros apoia a campaña de cooperación internacional con Cuba

O Concello de Oleiros apoia a campaña internacional de cooperación con Cuba para poder conseguir xiringas coas que subministrar a súa vacina contra o covid-19. O criminal bloqueo perpetrado por Estados Unidos está a impedir que os países nos que se producen xiringas llelas vendan a Cuba, que malia liderar a cooperación sanitaria mundial nos peores momentos da pandemia enviando médicos a diversos países do mundo agora sofre a insolidariedade e a infamia do Goberno dos Estados Unidos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza