Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada-old » O Concello old » Concellería de Promoción económica e Consumo » Formación e emprego » Información xeral » Acceso ao emprego público

Proceso para acceder ó emprego público

1) Oferta de emprego público

Aparecerá no Boletín Oficial do Estado dentro do primeiro trimestre do ano, a nivel autonómico publicarase en cada boletín e non existe un prazo para iso.

2) Convocatoria

É o chamamento público a tódolos interesados en presentarse á oposición. Publícanse as bases da oposición onde se especifican os requisitos para poder presentarse, a forma de cumprimentar a instancia, as taxas a pagar, o prazo do que dispoñemos para presentar a instancia, as probas e exercicios ós que nos vamos a enfrontar e o temario a preparar.

3) Presentación de instancias

Punto fundamental; se non presentamos correctamente a instancia non poderemos presentarnos á oposición, tendo que esperar á seguinte convocatoria. O prazo é case sempre de 20 días naturais.

4) Listas provisionais

Se aparecemos nas listas de admitidos todo é correcto. No caso de aparecer na de excluídos é que non reunimos os requisitos (non haberá nada que facer) ou cometemos algún erro ou omisión relativo á instancia, dispoñeremos de dez días para subsanar o erro.

5) Listas definitivas

De ser excluído, comprobaremos que o subsanar o erro figuramos nas listas definitivas de admitidos. No caso de volver a aparecer na de excluídos xa non hai ningunha posibilidade de presentarnos á oposición. Xunto con estas listas adóitase publicar a data, hora e lugar no que se realizará o primeiro exercicio.

6) Exercicios da oposición

Dependendo da praza poden ser un ou varios e de distinto tipo, a desenvolver, de respostas alternativas, probas físicas, etc.

7) Aspirantes que superaron a oposición

Será unha lista formada por tantos opositores como prazas hai, nin un máis.

8) Presentación de documentos

Dispoñeremos, normalmente, de vinte días para presentar tódolos documentos esixidos nas bases.

9) Nomeamento ou toma de posesión

Dispoñeremos duns días para incorporarnos ó posto que nos corresponda.

 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza