Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e Emprego
Portada-old » O Concello old » Concellería de Promoción económica e Consumo » Formación e emprego » Información xeral
   
Información xeral

« Atrás

Contrato de traballo: Características e modalidades

O contrato de traballo pode formalizarse por escrito ou de palabra.

É obrigatorio facelo por escrito cando así o esixa unha disposición legal e sempre nos seguintes contratos: prácticas, formación, para a realización dunha obra ou servizo determinado, a tempo parcial, fixo discontinuo e de relevo, a domicilio, traballadores contratados en España ao servizo de empresas españolas no estranxeiro e nos contratos por tempo determinado cuxa duración sexa superior a 4 semanas.

Cada unha das partes poderá esixir que o contrato se celebre por escrito, en calquer momento da relación laboral.

Poden firmar un contrato de traballo: os maiores de idade, os menores de 18 anos legalmente emancipados, maiores de 16 e menores de 18 anos se teñen autorización dos pais ou de que os teña ao seu cargo (se viven de forma independente, co consentimento expreso ou tácito dos seus pais ou titores) e os estranxeiros consonte á lexislación que lles sexa aplicable.

Un contrato de traballo pode ser indefinico ou ter unha duración determinada. Falamos así dos contratos fixos, para o primeiro caso, e dos temporais, para o segundo.

Pódense consultar as diferentes modalidades de contratación premendo aquí (PDF - 1,230.0 KB).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza