Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade
   

NOVAS

     

CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2020

 Áta o 26 de febreiro estará aberta a inscrición no concurso de disfraces "Entroido 2020". Poden participar as persoas nacidas antes do 1 de xaneiro de 2004 nas categorías: Grupos (...

TALLER DE APOIO A PERSOAS COIDADORAS "DESCUBRINDO EMOCIÓNS"

Este próximo 27 de xaneiro, dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros, iníciase un novo grupo do taller "Descubrindo emocións" dentro do Programa de Apoio á Persoas Coidadoras "Descubrindo emocións" Data: lúns de 16:30 ás 18:00 Lugar: Centro Municipal de Formación "Isaac Díaz Pardo" Duración: 8 sesións, desde o 27 xaneiro ata o 30 marzo. Dirixido a : persoas coidadoras dun familiar con depencencia. Requisito: estar empadroado no Concello de Oleiros As persoas coidadoras que desexen participar nestas actividades poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais de Oleiros ou a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000

Venres 29 ás 18:30 na Fábrica entrega premios do Concurso de fotografía "Ven e descubre"2019

O venres 29 de novembro, ás 18:30 horas, terá lugar o acto de entrega dos distintos premios do Concurso de Fotografía Vén e Descubre Mª José Cayado (Cheché) no auditorio da Fábrica. Ademais, presentarase a historia da "Mestra vella" de Mera, Mercedes Cajigal, sobre a que investigaron os alumnos e alumnas dos obradoiros de memoria. Este concurso de fotografía ten como obxectivo lembrar a figura e servir de homenaxe a quen durante máis de 20 anos traballou por e para as persoas maiores de Oleiros en diferentes actividades e programas contribuíndo, a través do seu traballo diario cheo de vitalidade, humanidade, bo facer e sentido do humor, ao maior benestar dos maiores de Oleiros. Ao mesmo tempo, ten como finalidade promover a participación de todas as persoas que participan nas distintas excursións e rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre. Nesta edición presentáronse un total de 119 fotografías, 72 de sendeirismo e 47 de excursionismo, en distintos formatos. A variedade e calidade dos traballos puxo moi difícil o traballo do xurado, que estivo integrado por un fotógrafo profesional e unha representación do monitorado e das persoas participantes no programa. O acto estará amenizado con música. Actuarán Cristian Leggiero & Paty Lesta.

VOLUNTARIADO EN FORMACIÓN CONTÍNUA

Como cada ano, convócase o Curso de formación Básica en voluntariado para todas as persoas que se incoparon ao programa municipal e por suposto dirixido a tódolos veciños e veciñas de Oleiros que estean interesados en realizalo. O curso consiste no desenvolvemento dos contidos fundamentais do voluntariado, explicado por profesionais cun amplio percorrido no sector e con unha experiencia constatada. Desenvolverase dunha forma dinámica e participativa ao longo de 10 horas de duración. Como cada ano solicitarase a homologación por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado onde valoraron os contidos que se desenvolven e os docentes que o imparten. O curso levarase a cabo durante os días 14, 15 e 16 de novembro no Centro de Formación "Isaac Díaz Pardo". - Xoves, 14 de novembro de 16:30H a 19:30H - Venres, 15 de novembro de 16:30H a 19:30H - Sábado, 16 de novembro de 10:00H a 14:00H A inscrición é gratuíta e realizarase na Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros.

LISTAS PERSOAS ADMITIDAS ACTIVIDADES OCUPACIONAIS

Pode consultar a listaxe de persoas admitidas nas "Actividades ocupacionais" correspondentes ao mes de novembro e decembro de 2019. As persoas admitidas poderán recoller os documentos de pago nas oficinas de Servizos Sociais entre o 4 e 8 de novembro en horario de 9:00 a 14:00.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza