Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Recital poético con música en directo, o martes nas Torres de Santa Cruz

 Oleiros, 17 de marzo de 2023-. O vindeiro martes, 21 de marzo, celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz a conmemoración do Día da Poesía. Será coa serie “Poetas en Lata”, cunha exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe.

Na inauguración poderase escoitar unha escolma de poemas das poetas homenaxeadas nun recital poético con música en directo, a cargo da propia Mariaxe Colaxe e Ángeles Dorrío, a partir das 20 horas no teatro das Torres.
 
“Poetas en lata” é unha das series creadas pola artista Mariaxe Colaxe, pseudónimo detrás do que está a actriz galega Chus Álvarez. Está composta por 30 colaxes de poetas do mundo -Alba Cid, Olga Novo, Pura Vázquez ou Rosalía de Castro-, mulleres que merecen que a súa obra e a súa alma permanezan conservadas no mellor aceite, o da lembranza. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza