Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O mércores finaliza o prazo para solicitar autorización para unha fogueira en San Xoán

 Oleiros, 20 de xuño de 2022-. Todas aquelas persoas que vaian realizar unha fogueira a noite de San Xoán, tanto nas praias coma noutros lugares, deben solicitar previamente autorización ao Concello antes deste mércores día 22. É posible presentar a solicitude presencialmente nas oficinas xerais da Casa do Concello ou telematicamente a través da Sede electrónica, mediante o rexistro electrónico.

Para evitar a contaminación da praia, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente a partir das 20:00 horas nas praias de Bastiagueiro, Santa Cristina, Santa Cruz e Mera. Policía Local, Garda Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.
 
Para poder realizar as correspondentes tarefas de limpeza, as praias deberán estar desaloxadas ás 4:00 h da madrugada. Ao día seguinte, os areais non estarán dispoñibles ata as 14:00 horas.
 
Como novidade respecto a outros anos, a orquestra Fania Blanco Show  actuará a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro. Tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro desde as 22:30 horas, aproximadamente.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza