| NOVAS « Atrás O luns comezan as obras de renovación da rede de auga nas rúas dos Xardíns, dos Niños e RomeuOleiros, 5 de agosto de 2022-. O vindeiro luns día 8 de agosto comezarán as obras de renovación e mellora da rede xeral de abastecemento de auga das rúas dos Xardíns, dos Niños e Romeu. O Concello inviste 118.626,81 euros nesta actuación. Para a realización da obra será precisa a interrupción do tráfico nas 3 rúas afectadas. Con todo, sempre estará habilitado un acceso, ben a través da avenida Valle Inclán ou desde a avenida Ernesto Che Guevara. |