Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As casas de préstamo volverán a estar dispoñibles para todos os veciños e veciñas de Oleiros a partir do 25 de xuño

Oleiros, 12 de xuño de 2020-. As casas de préstamo do Concello de Oleiros volverán estar dispoñibles a partir do vindeiro 25 de xuño. En caso de recibir varias solicitudes para o mesmo día terán prioridade as persoas menores de 30 anos.

Ademais de cumprir as condicións estipuladas polo Concello, debido á actual situación sanitaria, tamén será de obrigado cumprimento as normativas estipuladas polo Goberno central e a Xunta de Galicia. As solicitudes poderán realizarse a partir do próximo luns, na web municipal. Para obter máis información é posible dirixirse ao departamento de Xuventude (c.xuventude@oleiros.org ou 981 610 000, extensións 4903 ou 4004).
 
Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende fomentar as relacións sociais entre as persoas máis novas. A pandemia obrigou a pechar centros escolares, instalacións deportivas e outros espazos públicos, o que provocou unha falta de convivencia presencial moi necesaria, especialmente entre a mocidade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza