| NOVAS « Atrás Quedan prazas vacantes para as actividades e campamentos de verán infantís e xuvenísOleiros, 22 de xullo de 2020-. Aínda existen algunhas prazas dispoñibles en varias das actividades infantís e xuvenís programadas polo Concello de Oleiros para este verán. As persoas interesadas en coñecer a dispoñibilidade deben dirixirse á Fábrica ou chamar ao 981610000. Ofértase unha ampla programación deportiva, educativa e cultural. Para garantir as medidas de seguridade, a maioría das actividades realizaranse en espazos exteriores. En todos os casos, o número de prazas está adecuado ás normativas estipuladas polas autoridades sanitarias. |