| NOVAS « Atrás O Concello de Oleiros considera que a creación de mercadillos nos puntos limpos empeorará o actual servizoOleiros, 29 de decembro de 2020-. O Concello de Oleiros non está de acordo coa proposta do Consorcio das Mariñas de creación de mercadillos de intercambios de obxectos nos puntos limpos. De non incrementar o persoal e non dotar aos recintos do equipamento para poder desenvolver esta nova actividade, empeorará a calidade do servizo que se lles presta aos cidadáns que acoden aos puntos limpos. A correcta atención e a axilidade na recepción dos residuos é imprescindible para contribuír e fomentar o uso dos puntos limpos por parte de toda a poboación. Máis se cabe cando é imprescindible continuar potenciando o uso destas instalacións ante o incremento de determinadas condutas incívicas nas inmediacións dos contedores e nalgunhas zonas de monte. |