Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Web Content Display

Web Content Display

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O sábado celébrase o I Encontro Mocidade Voluntaria na Casa da Mocidade das Pedras

Oleiros, 11 de outubro de 2021-. Unhas 20 ONG e entidades sociais da comarca participarán o vindeiro sábado no I Encontro Mocidade Voluntaria, unha xornada dirixida a que a mocidade poida coñecer aquelas entidades máis próximas que contan con persoas voluntarias por se puidesen espertar o seu interese de colaboración. A xornada desenvolverase na Casa da Mocidade das Pedras, comezará ás 12:00 horas e finalizará ás 20:00 horas.

Ademais dos postos informativos de cada unha das entidades participantes, a partir das 16:00 horas realizaranse mesas redondas e charlas sobre voluntariado e cooperación. Tamén haberá actuacións musicais e a gravación en directo ás 13:00 horas do programa de radio Mociradio, que elabora un grupo de mozas e mozas de Oleiros e se emite a través das redes.

Todas aquelas persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á web https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, ao teléfono 981 977 944 ou ao correo electrónico pix.aspedras@gmail.com.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza