Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Campaña de denuncia dos problemas de seguridade viaria en estradas autonómicas de Oleiros

Oleiros, 13 de maio de 2022-. O Concello iniciou unha campaña informativa para denunciar os problemas de seguridade viaria existentes en diversos puntos de estradas autonómicas de Oleiros, que a Xunta négase a solucionar. É o caso, entre outras, da urxente necesidade de creación de beirarrúas na avenida Isaac Díaz Pardo, do pintado de pasos de peóns na avenida República Arxentina en zonas como O Couto ou Breixo, ou da mellora e ampliación das beirarrúas entre a Igrexa de Serantes e O Cubo, en Mera. 

Ante a pasividade e inacción da Consellería de Infraestruturas, procedeuse á colocación de paneis satíricos para chamar a atención dos importantes problemas existentes. Inicialmente foron instalados na zona do Couto, en Dorneda, onde o Concello reclama a creación dun paso de peóns, pero tamén se colocarán noutros puntos da rede viaria da Xunta de Galicia en Oleiros.

“A Xunta de Galicia ten que asumir as súas competencias nas estradas de Oleiros. O Concello está disposto a colaborar, como xa o fixo en moitas ocasións, pero a Consellería de Infraestruturas ten que asumir as súas obrigas e garantir a seguridade viaria a todos os cidadáns”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza