Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Web Content Display

Web Content Display

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O domingo proxéctase nas Torres a película Mientras dure la guerra

 Oleiros, 25 de novembro de 2021-. A proxección de Mientras dure la guerra está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 28 de novembro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

Esta película, dirixida por Alejandro Amenábar, está ambientada no verán de 1936, cando o escritor Miguel de Unamuno decide apoiar publicamente a sublevación militar que promete traer orde á convulsa situación do país. Inmediatamente é destituído polo goberno republicano como reitor da Universidade de Salamanca. Mentres, o xeneral Franco consegue sumar as súas tropas á fronte sublevada e inicia unha exitosa campaña coa secreta esperanza de facerse co mando único da guerra. A deriva sanguenta do conflito e o encarceramento dalgúns dos seus compañeiros provoca que Unamuno empece a cuestionar a súa postura inicial e a sopesar os seus principios.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza