Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O venres celébrase o Festival das artes inclusivas na Fábrica

 Oleiros, 10 de decembro de 2019-. O venres 13 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio da Fábrica, terá lugar o Festival das artes inclusivas, Diversidarte, que organiza a Asociación Poten100mos, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade desenvolvendo actividades destinadas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz. O festival presenta as artes escénicas e musicais como ferramenta universal de cambio e inclúe a actuación do grupo de teatro Diversidarte coa obra “Taigeto, sueños y normalidad” e do grupo de baile “Orinoco danza y tradición”.

A Plataforma DiversidArte é un soporte creado para a promoción, produción, e difusión da arte onde os seus principais protagonistas son as persoas con diversidade intelectual, física, psíquica e sensorial xunto con outros colectivos en situación e risco de exclusión, con actividades que fomentan as sinerxías entre colectivos e a súa propia inclusión como artistas dentro da sociedade. 
 
O proxecto Taigeto do grupo de teatro DiversidArte está formado por 12 actores con diversidades diferentes, e dirixido polo director artístico José León (Teatro da Estada). O nome do proxecto deriva dos espartanos da antiga Grecia, os cales só necesitaban guerreiros e guerreiras polo que aqueles que eles consideraban que non podían cumprir esta función, arroxábanos desde o Monte Taigeto (persoas con diversidade funcional pero tamén outras).
 
Orinoco Danza y Tradición é una agrupación folclórica venezolana de Baile nacida coma agrupación na Coruña, Galicia. O espectáculo está composto de bailes tradicionais venezolanos con traxes típicos adecuados ás coreografías, ofrecendo un intre ameno a todos os asistentes ao evento.
 
A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza