Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Aberto o prazo de inscrición para o concurso de disfraces da Festa do Entroido de Oleiros

 Oleiros, 7 de febreiro de 2020-. O venres 28 de febreiro vai festexarse o día grande do Entroido de Oleiros cunha gran festa, a partir das 19:00 horas, na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Nesta festa do Entroido, como é habitual, haberá un concurso de disfraces no que se repartirán 4.700 euros en premios.

O concurso conta con dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Ademais, haberá tres accésits, un en grupos e outros dous en individual-parellas, para que o xurado poida premiar, se así o considera oportuno, aqueles disfraces que sexan merecedores dalgunha mención especial pola súa participación, enxeño ou especial animación choqueira característica desta festa.
 
As persoas interesadas en apuntarse ao concurso poderán facelo a través da web municipal ata o mércores 26 de febreiro. Na propia festa non será posible inscribirse.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza