Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros sanciona con 501 euros a un infractor das normas do lixo en Santa Cruz

Oleiros, 1 de xuño de 2020-. O Concello de Oleiros abriu o correspondente expediente sancionador ante o depósito de caixas e residuos voluminosos por fóra dos colectores de lixo, o que supón unha infracción grave das normas da Ordenanza xeral de limpeza do Concello de Oleiros. Estes feitos aconteceron na rúa Gutiérrez Mellado a pasada semana.

A sanción que se lle vai impoñer á persoa infractora é de 501 euros. O inculpado tería que ter solicitado un permiso do servizo de recollida de lixo para o depósito de utensilios ou caixas voluminosas, de non poder desfacelas e incorporalas ao colector de lixo axeitado, e non o fixo, sendo responsabilidade súa o conxunto de elementos e caixas que finalmente foron tirados na vía pública e que foron identificadas como da súa propiedade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza