Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Rafael Astor Casalderrey é nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

Oleiros, 30 de xullo de 2020-. O pleno do Concello, a proposta do Goberno municipal, acordou nomear fillo adopotivo de Oleiros a Rafael Astor Casalderrey. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

Astor atesoura unha xestión profesional ó alcance de moi poucos. Grazas ás súas moitas intervencións no termo municipal ó longo do tempo, construímos este Oleiros distinto, un concello admirado por moitos municipios galegos e de fóra de Galicia. A súa bagaxe cultural, a súa capacidade creativa, o seu orgullo de sentirse un oleirense máis, pero ante todo a súa honradez á fronte da  área de Obras Públicas municipais, fan de Rafael Astor Casalderrey un digno merecedor do título de fillo adoptivo do Concello de Oleiros.
Ademais, o pleno tamén acordou a aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Acondicionamento do río de San Pedro; a integración do Concello de Oleiros na Asociación “Rede de Cidades que Camiñan”; e a concesión de subvencións nominativas ao Clube de Regatas de Perillo e ao Centro Deportivo Mariñeiro de Mera para a organización das súas respectivas regatas de traiñeiras.
 
Así mesmo foi aprobada unha moción presentada por Alternativa dos Veciños para que todos os membros da corporación se concentren o vindeiro día 7 de agosto ante a Casa do Concello, ás 12 horas, para reclamar a eliminación da lei Montoro e da regra de gasto. Esta lei, amplamente criticada por todos os partidos políticos do Estado, comprometéndose case todos eles a eliminala se gobernasen ou cogobernasen; non só non se eliminou, senón que agora preténdese baleirar as arcas a todos aqueles concellos que teñen acumulado o remanente desde a entrada en vigor da citada lei. No caso do Concello de Oleiros, 14 millóns de euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza