Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Cuarta reunión co Conselleiro de Sanidade para tratar a evolución do COVID-19 na área metropolitana

 Oleiros, 12 de agosto de 2020-. Durante a reunión diaria co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, os Alcaldes e Alcaldesas da área recibiron nova información sobre a evolución epidemiolóxica do Sars-Cov-2 nos concellos da área metropolitana. 

O DOG do12 de agosto inclúe unha nova Orde sobre a modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. 
 
Entre as medidas destacadas e de obrigado cumprimento destácase que non haberá restricións a respecto de mobilidade polo momento, o mantemento das restricións sinaladas durante 7 días máis, peche dos establecementos de lecer nocturno, limitación a 10 do número de persoas nunha reunión, aforo ao 50% tanto no interior como nas terradas dos locais de hostalería e comercio e peche dos mesmo á 1:00h como hora límite, horario preferente para maiores de 75 anos e poboación de risco, prohibición do botellón e incorpórase a prohibición de fumar en espazos públicos ao ar libre e terrazas sempre que non se poida manter a distancia de seguridade de 2 metros.
 
O Concello de Oleiros fai un chamamento á cidadanía, especialmente á xuventude; para solicitar a súa colaboración na tarefa de controlarmos o influxo dos contactos e a evolución do COVID-19. Atendendo a isto, lémbrase o uso obrigado de máscara hixiénica, o frecuente lavado de mans (auga e xabón ou solucións hidroalcólicas), manter a distancia de seguridade interpersoal e evitar tocar ollos, nariz e boca. 
 
Desde o goberno municipal lembramos que ante calquera síntoma relacionado co Covid-19, deberase comunicar telefonicamente co médico de atención primaria correspondente e cumprir co illamento respectivo. 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza