Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
javax.portlet.title.56

javax.portlet.title.56

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A lingua das bolboretas, este sábado no Gabriel García Márquez

 Oleiros, 6 de abril de 2021-. Sarabela Teatro presenta o sábado ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra A lingua das bolboretas. Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto forman o elenco desta obra de Manuel Rivas adaptada e dirixida por Gonçalo Guerreiro.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara ao próximo), como tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe o receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 3,5 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza