Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Fomento retrasa o inicio da obra de Sol y Mar por unha expropiación de 7,40 metros cadrados de 90 propietarios

Desde o ano 2018, o Ministerio de Fomento requiriu ao Concello de Oleiros a cesión de solo necesaria para poder contratar as obras do túnel de Sol y Mar, que foi aportada polo Concello tras acadar a cesión cos veciños propietarios. Unicamente era necesario expropiar por parte do Ministerio 7,40 metros cadrados nas inmediacións do aparcadoiro da Torre de Beiramar, propiedade do conxunto dos 90 propietarios da comunidade.

Martes de Entroido e San Xoán serán festivos locais de Oleiros en 2021

Mañá xoves día 29 celébrase o pleno ordinario do mes de outubro do Concello de Oleiros, ás 20:00 horas na Casa Charry. Entre outros asuntos, o Goberno municipal aprobará os festivos locais para o ano 2021 que serán o martes de Entroido (16 de febreiro) e San Xoán (24 de xuño).

O Concello inviste 1,6 millóns na renovación da iluminación pública

O Concello de Oleiros iniciou a licitación da substitución de 2.216 puntos de luz por novas luminarias LED máis eficientes. Esta actuación terá un custo de 1,6 millóns, que se financiarán con 1.346.739,13 euros procedentes da Unión Europea e 336.684,79 euros de fondos propios municipais, e permitirá a renovación do alumeado público en 32 núcleos e urbanizacións.

A contratación a reurbanización da rúa do Souto

A obra de ampliación e creación de beirarrúas na rúa do Souto atópase en fase de licitación por importe de 770.00 euros. Esta actuación vai desde As Torres de Santa Cruz ata o inicio da rúa da Ferrala.

O castelo iluminarase de verde en apoio ao Día do Dano Cerebral e do Ictus

O Castelo de Santa Cruz iluminarase esta noite de cor verde polo Día do Dano Cerebral como apoio ás reivindicacións do movemento asociativo agrupado arredor desta doenza. O Concello de Oleiros atendeu a petición de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, co obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre as necesidades que teñen as persoas cun problema deste tipo como consecuencia dun ictus, un accidente, un tumor...

O Concello defenderá aos veciños e veciñas afectados pola pegada sonora do aeroporto

O novo mapa de ruído aprobado polo Goberno central en relación á pegada sonora do aeroporto de Alvedro afecta á localidade de Montrove. Os técnicos municipais xa están a estudar a documentación para defender aos veciños e presentar as correspondentes alegacións.

A Xunta atende as demandas do Concello e incrementa as frecuencias de transporte en Nós

Ante as solicitudes do Concello de Oleiros reclamándolle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade melloras nas frecuencias na liña recentemente licitada que transcorre por unha parte da parroquia de San Pedro de Nós, vai haber dous novos buses en horario matinal e un terceiro a última hora da tarde. As paradas afectadas son as do Vilar, Vilanova, A Chasqueira e Vilares.

O Goberno de Oleiros a favor da Mancomunidade, en contra da proposta de estatutos

Os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal votaron en contra dos estatutos provisionais da Mancomunidade das Mariñas porque propoñen un reparto inxusto da representación e das achegas económicas de cada municipio e porque tampouco se aclara o proceso de liquidación do Consorcio das Mariñas.

Aberto o prazo de inscrición para as tertulias literarias

O Concello de Oleiros oferta 68 prazas para participar nas tertulias literarias que terán lugar a partir da vindeira semana na Biblioteca Central Rialeda de Perillo e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Todas as persoas maiores de 16 anos poden apuntarse persoalmente nas propias bibliotecas ou nos teléfonos 981 639 511 e 981 626 338.

O Concello celebra o Día da Biblioteca con diversas actividades

As Bibliotecas municipais de Oleiros énchense de actividades con motivo do Día da Biblioteca, que se celebra o sábado 24 de outubro. A intención do Concello é amosar a biblioteca como un lugar de lecer, que ofrece múltiples servizos, ademais de animar a ler e a gozar da literatura e da música a adultos, nenas e nenos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza