|
Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER | |
O Concello licita a obra de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro
O Concello iniciou a licitación das obras de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós, por importe de 457.400,84 euros. As obras permitirán a creación de vestiarios, cociña, comedor e dormitorios, instalación de calefacción e ascensor, mellora de accesos para garantir a accesibilidade a todas as persoas,... Así, o edificio será destinado a albergue para a realización de campamentos e diversas actividades infantís e xuvenís.
O Concello iniciou a licitación das obras de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós, por importe de 457.400,84 euros. As obras permitirán a creación de vestiarios, cociña, comedor e dormitorios, instalación de calefacción e ascensor, mellora de accesos para garantir a accesibilidade a todas as persoas,... Así, o edificio será destinado a albergue para a realización de campamentos e diversas actividades infantís e xuvenís. Recital poético con música en directo, o martes nas Torres de Santa Cruz
O vindeiro martes, 21 de marzo, celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz a conmemoración do Día da Poesía. Será coa serie "Poetas en Lata", cunha exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe.
O vindeiro martes, 21 de marzo, celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz a conmemoración do Día da Poesía. Será coa serie "Poetas en Lata", cunha exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe. Concerto infantil o sábado na Fábrica
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou, dentro da programación do Apego, a obra musical Coliño, da compañía A Xanela do Maxín para o vindeiro sábado 18 de marzo na Fábrica. Programáronse dúas sesións, unha ás 17.00 h e outra ás 18.00 h, deste espectáculo que está destinado para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou, dentro da programación do Apego, a obra musical Coliño, da compañía A Xanela do Maxín para o vindeiro sábado 18 de marzo na Fábrica. Programáronse dúas sesións, unha ás 17.00 h e outra ás 18.00 h, deste espectáculo que está destinado para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos. Comeza o reparto do libro Oleiros guapo
O Concello de Oleiros editou unha publicación para informar e dar a coñecer o importante patrimonio público do que dispoñen todos os veciños e veciñas. O libro Oleiros guapo consta de 164 páxinas a toda cor que inclúen fotografías espectaculares de numerosos espazos públicos do municipio.
O Concello de Oleiros editou unha publicación para informar e dar a coñecer o importante patrimonio público do que dispoñen todos os veciños e veciñas. O libro Oleiros guapo consta de 164 páxinas a toda cor que inclúen fotografías espectaculares de numerosos espazos públicos do municipio. A Xunta impide a renovación do convenio para a conexión do bus urbano 1-A con Santa Cristina
Os concellos de Oleiros e A Coruña acordaron prorrogar por 4 anos o convenio que permitía prolongar a liña de bus urbano 1-A ata Santa Cristina. Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia non autoriza ese acordo.
Os concellos de Oleiros e A Coruña acordaron prorrogar por 4 anos o convenio que permitía prolongar a liña de bus urbano 1-A ata Santa Cristina. Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia non autoriza ese acordo. O prazo de matriculación nas escolas infantís do Concello de Oleiros rematará o 5 de abril
Desde o 17 de marzo e ata o 5 de abril estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2023/2024. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.
Desde o 17 de marzo e ata o 5 de abril estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2023/2024. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso. Mañá celébrase a II Feira de orientación académica no pavillón Arsenio Iglesias
O alumnado de 4º da ESO, FP básica e Bacharelato dos centros de ensino público de Oleiros disporán dunha xornada informativa específica sobre saídas académicas e laborais para o seu futuro. Nesta actividade organizada polo Concello participarán diversas universidades, centros de formación profesional, escolas públicas e privadas de diversas especialidades, academias, forzas armadas...
O alumnado de 4º da ESO, FP básica e Bacharelato dos centros de ensino público de Oleiros disporán dunha xornada informativa específica sobre saídas académicas e laborais para o seu futuro. Nesta actividade organizada polo Concello participarán diversas universidades, centros de formación profesional, escolas públicas e privadas de diversas especialidades, academias, forzas armadas... A Biblioteca Rialeda acolle charlas sobre ciencia
A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, albergará charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. A primeira será mañá venres día 17 de marzo, ás 18:30 horas, sobre robótica.
A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, albergará charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. A primeira será mañá venres día 17 de marzo, ás 18:30 horas, sobre robótica. O grupo de teatro de iniciación do Concello presenta Exit este venres no Gabriel García Márquez de Mera
O venres ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, o grupo de teatro de iniciación do Concello de Oleiros presenta Exit, dirixida por Ramiro Neira. O acceso é gratuíto.
O venres ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, o grupo de teatro de iniciación do Concello de Oleiros presenta Exit, dirixida por Ramiro Neira. O acceso é gratuíto. O Concello organiza campamentos en Semana Santa para escolares de infantil e primaria
Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana Santa, os días 3, 4 e 5 de abril o Concello organiza un campamento para nenos e nenas de educación infantil e primaria. O CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz albergará esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.
Para contribuír á conciliación familiar nas datas vacacionais de Semana Santa, os días 3, 4 e 5 de abril o Concello organiza un campamento para nenos e nenas de educación infantil e primaria. O CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz albergará esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas. |