Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello volve denunciar o retraso no inicio da obra de Sol y Mar

O Concello de Oleiros está a demandar o inmediato inicio das obras de construción dunha rotonda en superficie e un túnel inferior na N-VI ao seu paso por Perillo, na zona coñecida como Sol y Mar. Representantes municipais mantiveron unha reunión coa Demarcación de Estradas na que demandaron o inmediato inicio desta importante obra para a mellora da mobilidade do conxunto da comarca.

As casas da mocidade organizan unha charla en liña sobre sexting

O vindeiro luns 19 de abril, ás 19:00 horas, a sexóloga Jeane Costa dará unha charla en liña sobre sexting. Todas aquelas persoas interesadas poderán conectarse a través da páxina de Instagram das casas da mocidade @centrosmocidadeoleiros.

A rúa Carlos M. de Céspedes quedará cortada a partir do luns

Debido ás obras de renovación do pavimento da calzada das rúas da urbanización As Galeras, será preciso cortar o tráfico a partir do vindeiro luns 19 de abril na rúa Carlos M. de Céspedes –carril de saída-. Os veciños e veciñas terán como alternativas as rúas Abraham Lincoln, Romardeiro e María Soliña.

Concerto de Kent na Casa da mocidade das Pedras

Mañá venres, ás 20.00 horas, a banda oleirense Kent fará un concerto dentro da programación para a xuventude "Noctamboleiros" das Casas da Mocidade. Este grupo está composto por catro mozos de Oleiros que achegarán o seu repertorio de temas rock e R&B.

O drama surrealista "...e poñerán esposas ás flores", este sábado no Gabriel García Márquez

Stracciatela Teatro presenta o sábado ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra "...e poñerán esposas ás flores". Alejandro Carro, Andrés Mahía, Iria Lamas, Marcos Fernández e Klaus Martínez forman o elenco desta obra de Fernando Arrabal, dirixida por Javier F. Mariño.

Mozos e mozas reparten pílulas de ánimo entre o comercio local de Santa Cruz

Un grupo de mozos e mozas de Oleiros puxeron en marcha desde as casas da mocidade "Vitamina Xove", unha iniciativa mediante a que están a repartir pílulas de ánimo e apoio ao persoal dos comercios locais, supermercados e do centro de saúde de Santa Cruz. Ata o momento tivo unha moi boa acollida.

Aberto o prazo de matrícula nas escolas municipais artísticas para novo alumando

As escolas municipais de danza, música e teatro teñen aberto o prazo de matriculación para novos alumnos e alumnas ata o 20 de abril. O Concello de Oleiros oferta un total de 74 prazas para a Escola Municipal de Música, 188 para a Escola Municipal de Danza e 64 para a Escola Municipal de Teatro.

Obradoiro de pezas de esmalte no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros abre mañá o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen explorarán os obxectos expostos no museo e experimentarán as variadas técnicas de decoración con esmaltes. Cada persoa traballará sobre dúas pezas que se lle proporcionarán, baixo a supervisión das ceramistas de Terralume.

O Concello de Oleiros lembra a obrigatoriedade de solicitar licenza municipal para realizar talas

Debido á proliferación de talas ilegais en diversas zonas do municipio, o Concello ten abertos numerosos expedientes sancionadores tanto a madeireiros como a persoas propietarias por non contar coa correspondente licenza municipal.

Novos obradoiros do programa Familias Inquedas

O luns 12 de abril abre o prazo de inscrición para dous novos obradoiros do programa Familias Inquedas que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. Serán dous obradoiros de 16 horas, divididos cada un deles en 8 sesións de dúas horas cada unha, en formato en liña, co fin de garantir o seu normal desenvolvemento.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza