Ayuntamiento de Oleiros

Ayuntamiento de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

No lo puedes perder

Los lunes a las 13:20, el Alcalde en la COPE, y los martes a las 12:55 en la SER
 
Desde Octubre 2010

O Concello oferta 3 obradoiros do programa Familias inquedas no último trimestre do ano

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros xa ten preparada a súa oferta de obradoiros para os últimos meses do ano dentro do programa Familias Inquedas. "Falemos de educación sexual", "Acompañando na adolescencia" e "Educa Bonito" son os nomes destes tres obradoiros dirixidos a todas as familias veciñas de Oleiros con fillos e fillas menores de idade.

Numerosos espectáculos culturais ata fin de ano para un outono máis agradable en Oleiros

Un total de 11 espectáculos de sala conforman a programación cultural de Oleiros para o último trimestre do ano. Teatro, danza e música protagonizan un cartel que está dedicado a María Casares, a grande dama do teatro que tanta relación tivo con Oleiros nos primeiros anos da súa vida e da que se celebra o seu centenario.

A Xustiza recuperará unha casa ocupada para extorsionar á propiedade

O Concello de Oleiros colaborará co desaloxo de persoas que asaltaron unha vivenda en Bastiagueiro esixindo posteriormente á propiedade que lles paguen por irse.

V Festival Rockanroleiros esta fin de semana en Santa Cruz

Este venres e o sábado a praza de Esther Pita acollerá a quinta edición do Festival Rockanroleiros. O Concello colabora na organización deste evento coa asociación Musicoleiros, formada por grupos locais que pretenden dinamizar e achegar a súa actividade musical.

O Concello lembra a importancia de facer un uso racional da auga

A situación de prealerta hídrica decretado por Augas de Galicia impulsa ao Concello de Oleiros a insistir no uso racional da auga, ante a escaseza de precipitacións rexistradas ultimamente. O propio alcalde, Ángel García Seoane, fixo un chamamento nese sentido: "imos seguir facendo un bo uso da auga e ímoslles pedir aos veciños que fagan o mesmo".

Concertos o sábado en Santa Cristina como anticipo do V Festival Rockanroleiros

Con motivo da promoción do V Festival Rockanroleiros, este sábado celebrarase na Praza Afundida de Santa Cristina un concerto pre-festival que comezará ás 18:00 con Braian de Palma. Ás 19:00 actuará o grupo Máxica, ás 20:00 Chasis e ás 21:00 a sesión finalizará con Rockson. O concerto é gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

A Aula do Mar pecha desde o luns por obras de mellora

Unha obra de mantemento xeral do edificio obriga a pechar a partir do luns, día 26, a Casa do Fareiro de Mera, onde se atopa a Aula do Mar, o centro de interpretación do Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes. En canto remate a obra a aula volverá abrirse á cidadanía, o que se anunciará publicamente.

Esta noite comeza o asfaltado da avenida Che Guevara

Esta noite comezan os traballos de renovación do asfaltado da avenida Che Guevara, desde a ponte Pasaxe ata a rotonda de Romardeiro. Esta obra executarse en horario nocturno para causar as mínimas molestias ao tráfico.

O Concello denuncia que a Xunta non actúa ante a praga de moscas na parroquia de Nós

Veciños e veciñas da parroquia de Nós dirixíronse ao Concello de Oleiros para trasladar o seu grande malestar debido á desatención que están a sufrir por parte da Xunta de Galicia que non está a actuar ante unha desmedida praga de moscas. Xa son varios os días nos que se está a padecer esta incómoda situación, tanto na parroquia de Nós como en zonas limítrofes do Concello de Cambre.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de outubro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de outubro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Entidades financiadoras
Gobierno de España Comunidad Económica Europea Plan Avanza