Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de decembro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de decembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Danza o mércores no García Márquez contra a violencia de xénero

Danza e liberdade é o título da sesión de danza que terá lugar o mércores ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera, arredor da violencia de xénero, na que participarán alumnado de 4º a 6º cursos do grao profesional e profesorado do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña.

Corte de tráfico por obras no tramo final da avenida Rosalía de Castro, en Perillo

Debido á realización dunha obra de reparación da rede xeral de saneamento na avenida Rosalía de Castro, á altura do cruce coa rúa Pombal, será preciso proceder a efectuar un corte de tráfico no tramo final da avenida mañá luns día 28 e o martes día 29, en horario de 08:00 a 18:00 horas.

O luns comezan as obras de asfaltado de diversas rúas de Santa Cruz

Se as condicións climatolóxicas así o permiten, a próxima semana procederase á mellora do pavimento das rúas Monte Casal, río do Seixo, Eduardo Blanco Amor, María Casares e Dolores Ibarruri. Debido a estas obras, haberá alteracións no tráfico que estarán debidamente indicadas.

Comeza a instalación da área de calistenia no Parque As Trece Rosas

O Concello está a crear un circuíto de calistenia no Parque As Trece Rosas que servirá para a práctica do deporte ao aire libre. Atópase preto do pequeno montículo empedrado que fai de miradoiro sobre a ría.

A violencia de xénero mata, que é o que non entendes?

Por ti, por min, por elas, por nós.

Por ti, por min, por elas, por nós.

O venres proxéctase na Fábrica o documental ¿Circo de artesáns, o ateneo de Galicia'

O venres ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica, proxectarase o documental ¿Circo de artesáns, o ateneo de Galicia'. O acceso é libre e gratuíto.

Política sentimental, comedia política este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Manarte Producciones presenta a obra relacionada co figura de María Casares Política sentimental, dirixida por David Loaysa, coa interpretación de Germán Torres e Sabela Hermida.

Inma Otero presenta "O obxecto muller e o xiro ontolóxico", o xoves nas Torres

Inma Otero e Carlos Lema participarán o xoves 24 de novembro na presentación do libro "O obxecto muller e o xiro ontolóxico" unha obra de Otero editada por Euseino? que chegou xa á segunda edición. Será ás 20.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz.

O Concello insistirá ao Goberno central de maneira permanente a urxente contratación da ampliación da ponte Pasaxe

Ante o aviso de colocación no día de hoxe dun cartel de denuncia da inoperancia dos últimos 4 gobernos de España en relación á necesidade de ampliación da ponte Pasaxe, o Ministerio de Transporte anunciaba onte de présa e correndo a aprobación inicial do proxecto.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza