Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

A compañía Kirenia Danza presenta o sábado Emigrantas, no Auditorio Gabriel García Márquez

O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Kirenia Danza presenta o seu espectáculo Emigrantas, dirixido por Kirenia Martínez Acosta, con David Loira e Esther Latorre en escena. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Aberto o prazo de inscrición para un obradoiro de educación sexual dirixido a familias con menores

Está aberto o prazo de inscrición para un obradoiro sobre educación sexual dirixido ás familias de Oleiros con menores. O obradoiro, organizado polo Concello coa colaboración da Federación de Planificación Familiar de Galicia, vaise desenvolver ao largo de 3 sesións presenciais nas instalacións municipais de Villa Echeverry, os días 11, 18 e 25 de outubro en horario de 17:30 a 19:30 h.

O Concello oferta 3 obradoiros do programa Familias inquedas no último trimestre do ano

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros xa ten preparada a súa oferta de obradoiros para os últimos meses do ano dentro do programa Familias Inquedas. "Falemos de educación sexual", "Acompañando na adolescencia" e "Educa Bonito" son os nomes destes tres obradoiros dirixidos a todas as familias veciñas de Oleiros con fillos e fillas menores de idade.

Numerosos espectáculos culturais ata fin de ano para un outono máis agradable en Oleiros

Un total de 11 espectáculos de sala conforman a programación cultural de Oleiros para o último trimestre do ano. Teatro, danza e música protagonizan un cartel que está dedicado a María Casares, a grande dama do teatro que tanta relación tivo con Oleiros nos primeiros anos da súa vida e da que se celebra o seu centenario.

A Xustiza recuperará unha casa ocupada para extorsionar á propiedade

O Concello de Oleiros colaborará co desaloxo de persoas que asaltaron unha vivenda en Bastiagueiro esixindo posteriormente á propiedade que lles paguen por irse.

V Festival Rockanroleiros esta fin de semana en Santa Cruz

Este venres e o sábado a praza de Esther Pita acollerá a quinta edición do Festival Rockanroleiros. O Concello colabora na organización deste evento coa asociación Musicoleiros, formada por grupos locais que pretenden dinamizar e achegar a súa actividade musical.

O Concello lembra a importancia de facer un uso racional da auga

A situación de prealerta hídrica decretado por Augas de Galicia impulsa ao Concello de Oleiros a insistir no uso racional da auga, ante a escaseza de precipitacións rexistradas ultimamente. O propio alcalde, Ángel García Seoane, fixo un chamamento nese sentido: "imos seguir facendo un bo uso da auga e ímoslles pedir aos veciños que fagan o mesmo".

Concertos o sábado en Santa Cristina como anticipo do V Festival Rockanroleiros

Con motivo da promoción do V Festival Rockanroleiros, este sábado celebrarase na Praza Afundida de Santa Cristina un concerto pre-festival que comezará ás 18:00 con Braian de Palma. Ás 19:00 actuará o grupo Máxica, ás 20:00 Chasis e ás 21:00 a sesión finalizará con Rockson. O concerto é gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

A Aula do Mar pecha desde o luns por obras de mellora

Unha obra de mantemento xeral do edificio obriga a pechar a partir do luns, día 26, a Casa do Fareiro de Mera, onde se atopa a Aula do Mar, o centro de interpretación do Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes. En canto remate a obra a aula volverá abrirse á cidadanía, o que se anunciará publicamente.

Esta noite comeza o asfaltado da avenida Che Guevara

Esta noite comezan os traballos de renovación do asfaltado da avenida Che Guevara, desde a ponte Pasaxe ata a rotonda de Romardeiro. Esta obra executarse en horario nocturno para causar as mínimas molestias ao tráfico.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza