| Dende Outubro 2010O Concello continúa a loitar contra a procesionaria. Esta eiruga, que ten o seu ciclo de crecemento nos parques de Oleiros, provoca una segregación irritante ante o contacto cutáneo, o que está a afectar directamente a moitos cans, que soen achegar o fociño no momento no que a atopan. O alumnado de segundo de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz visitou esta mañá as instalacións do Concello de Oleiros. O alcalde, Ángel García Seoane, recibiu a uns 50 nenos e nenas na Casa Charry. O Concello solicita que o Ministerio acometa diversas melloras nas rúas próximas á obra de Sol y MarO Goberno municipal aprobará no próximo pleno unha solicitude ao Ministerio para que de xeito paralelo á obra de Sol y Mar aborde diversas actuacións de mellora para deixar toda a zona nun estado óptimo. Trátase de actuacións positivas e demandadas polo conxunto dos cidadáns, valoradas en 800.000 euros. O Concello vai iniciar de inmediato os trámites para a contratación da obra de renovación e ampliación da área de xogos infantís do parque Marcelino Camacho, na urbanización Rialta. O investimento nesta actuación será de 199.777,99 euros. O Concello de Oleiros volverá recibir o galardón que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul europeo. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral fai posible este importante recoñecemento. Leticia Rey Trío serán os encargados de abrir o X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno cun concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. Algunhas personaxes recoñecidas do franquismo patrio (Carmen Polo, Pedro Barrié ou Arias Navarro) desfilan polo Portomarín de antes do asolagamento en O que foi, a nova novela de Juan Fariña, escritor e concelleiro en Bergondo. O acto de presentación en Oleiros será o vindeiro xoves 2 de febreiro na Casa Charry, ás 19 horas. Con esta obra Fariña volve á narrativa tras As cartas de Abel, na que explora a historia galega e española dos últimos 80 anos. As denuncias públicas realizadas polo Concello de Oleiros, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e outras entidades sobre o peche do Pazo de Meirás aos escolares de toda Galicia forzaron ao Goberno tránsfuga de Sada a cumprir coas súas obrigas coa cidadanía e permitir as visitas dos centros de ensino de Oleiros. Móvete+ é un programa de actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse. Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de febreiro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas. |