Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O alcalde traslada os problemas dos veciños e veciñas de Agramar e Beiramar aos responsables da obra de Sol y Mar

 Oleiros, 26 de novembro de 2021-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno, María Rivas, e co xefe de Estradas do Estado, Ángel González, para comunicarlles os importantes problemas que están a sufrir os veciños e veciñas que viven nas proximidades da obra de Sol y Mar.

O alcalde solicitou a apertura do cambio de sentido existente fronte ao edificio da Dirección Xeral de Tráfico que foi pechado coas obras, que obriga aos veciños e veciñas de Agramar e Beiramar a realizar un maior desprazamento para dirixirse cara á Coruña. Tamén solicitou que non se modifique continuamente o valado máis próximo á parada do bus escolar, que anda movendo constantemente a zona de recollida dos nenos e nenas da zona.
 
O xefe de Estradas comprometeuse a analizar estas peticións cos responsables de Tráfico. Nos vindeiros días comunicará unha resposta.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza