Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Silvia Salgado presenta o xoves nas Torres a súa obra Si te vuelves invierno

 Oleiros, 30 de novembro de 2021-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o xoves día 2 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Si te vuelves invierno de Silvia Salgado. Ademais da propia autora, na presentación participará o escritor e profesor Francisco Javier Varela Vázquez e actuará o saxofonista Jaime Faraldo.

Silvia Salgado é unha veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrao en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Esta é a súa cuarta novela, despois de Mientras hilan las mariposas, La aldea e El intermedio que somos.
 
Si te vuelves invierno preséntanos a Gabi, unha adolescente que vive en Mera, á que lle gusta ler e que quere ser escritora, pero que se sente fóra de lugar. O ano que todo o cambiou, a causa da pandemia que encerra a toda a poboación nas súas casas, pasaron moitas cousas, pero tamén abriu un espazo á superación, á esperanza, ao perdón e ao amor. Estamos ante unha novela tenra, emotiva, chea de música, libros, cine e que ten como escenario principal a fermosa vila de Mera.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza